Protocolo
O departamento de Protocolo do Concello de Vigo é o encargado de organizar o desenvolvemento da cerimonia e de situar ás diferentes personalidades no escenario. A butaca presidencial está ocupada polo Excmo. Alcalde de Vigo.
Á dereita do alcalde sitúase a representación da Medalla da Cidade e a esquerda a persoa encargada de escribir e ler o Bando da Reconquista dese ano. As bandeiras de España, Galicia , Vigo e da Unión Europea escoltan o lado esquerdo do escenario.
Seguindo a línea establecida polas personalidades anteriormente mencionadas, os outros asistentes nomeados coa distinción de Vigueses Distinguidos colócanse por orde alfabético formando unha liña orientada ó público.