Medalla da Cidade 2012
Galardón recollido por:
José Ballesta de Diego
Director do Museo
A Corporación Municipal propón ao MUSEO DA CIDADE QUIÑONES DE LEÓN para a concesión da Medalla da Cidade. Esta institución está presente en boa parte da historia da cidade de Vigo durante a Idade Moderna e Contemporánea, o que fai que os vigueses a consideren como un dos seus principais sinais de identidade.
Regalado á cidade polo marqués de Alcedo, foi dende a súa creación o primeiro museo de Vigo e primeira pinacoteca de Galicia, recollendo a mellor produción artística dos pintores galegos. Por outra banda, o Pazo, os xardíns e o parque constitúen un conxunto único, referente da nosa cidade.