Desenvolvemento do acto

Gala do 2014

O acto de entrega dos galardons Vigueses Distinguidos e Medalla da Cidade 2014 celebrouse o día 27 de marzo ás 20:00 horas.

A cerimonia seguiu o seguinte esquema: Abel Caballero deu a benvida os galardoados na entrada do Centro Cultural Novagalicia de Vigo e xuntos ascenderon as escadas que dan acceso ó escenario.

O sistema de colocación foi: no centro da fileira de butacas o Alcalde, a súa dereita Jesús Freire e Manuel Rodríguez Martínez, en representación do Sector Naval galardoado este ano coa medalla da cidade e a esquerda Juan Antonio Muñoz Codina, autor do bando da Reconquista.

O resto dos invitados galardoados coma Vigueses Distinguidos por orde alfabético.

Despois dunha breve introducción realizada pola presentadora o galardoado recibíu das mans do alcalde o diploma e o galardón e dirixíuse ó atril a pronunciar o seu discurso. Unha vez finalizada a entrega dos galardons de Vigueses Distinguidos, o xefe de protocolo, Avelino San Luis, leu a glosa de concesión da Medalla da Cidade, que foi entregada polo Alcalde e que a recolleu en representación do Sector naval Jesús Freire, xerente de Construcciones Navales Paulino Freire S.A. e Manuel Rodríguez Martínez, traballador en activo de Vulcano. Antes de finalizar o acto coa intervención do Alcalde, Juan Antonio Muñoz Codina, director do Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën foi o encargado da lectura do Bando da Reconquista.