Medalla da Cidade 2013
Asociación Española contra o Cancro (AECC)
Galardón recollido por:
Ángeles Pazos
TRAXECTORIA
AECC nace no ano 1953 có propósito de loitar contra o cancro e no 1971 crea a Fundación Científica co fin de promover a investigación oncolóxica.
En setembro do 1992 constitúe a sua sede en Vigo co obxecto de ofrecer un servizo de asesoramente e atención psicolóxica e social a aqueles vinculados con esta enfermidade.
Nestes 20 anos en Vigo, AECC estivo axudando, investigando, informando e colaborando para que moitas persoas lograsen superar un cancro.
AECC Vigo conta con 500 socios que aportan a cantidade que queren e ademais 300 voluntarios adicados a todo tipo de tarefas coma son visitas a hospitais ou domicilios ou acompañamento a consultas entre outras. Por outra banda forman parte da asociación unha serie de traballadores que desenvolven a súa labor entre Vigo e Pontevedra.
AECC presta axuda a máis de 700 persoas ao ano, as cales ofrecen información e unha actitude positiva cara a súa recuperación.
Ángeles Pazos, que recollerá a Medalla de Ouro da cidade, afirma que cada vez hay máis casos de cancro pero que tamén a esperanza de vida e maior.
DISCURSO
Pronunciado por:
Ángeles Pazos
“Boas noites. En primeiro lugar agradecer á corporación do Excelentísimo Concello de Vigo e ó seu alcalde por premiarnos coa Medalla de Ouro da Cidade. Sentímonos moi orgullosos por este recoñecemento e esperamos estar a súa altura.
Esta Medalla serviranos de estímulo para seguir traballando con todas as nosas forzas ao servizo de todos aqueles que precisen dos nosos servizos
Felicitar ao mesmo tempo a tódolos Vigueses Distinguidos presentes no acto.
Peo hoxe non estaríamos eiquí sen o traballo de motisimas persoas que nos precederon e quixera destacar de entre ellas ás anteriores presidentas.
Baley de Olivé que foi a primeira en asumir co cargo coa dificultade que conleva levar a diante un proxecto incipiente e que realizou un gran traballo que levou a AECC a despegar e facerse moito máis coñecida e a súa sucesora, Josefina Crespo, unha traballador incansable que dedicou moitisimas horas da súa vida a esta causa e que levou o timón ate o fai uns meses.
Leer máis
Moitisimas grazas a vos pola vosa magnífica labor e por achantar o camiño. Tamén noso agradecemento ás persoas que conformaron as sucesivas directivas e que dicir do excelente equipo de traballadores da casa, reverndísimos profesionais que día a días demóstran-nos que aman o seu traballo. É un privilexio estar ao voso carón. Grazas.
Agora tócanos falr dos voluntarios. Sen eles sería imposible realizar todas as nosas actividades. Son básicos no noso quefacer diario, acompañando ós enfermos en hospitais ou domicilios, acompañandóos a tratamentos ou levando a cabo labores administrativas, ou realizando a tarefa mais ingrata da obtención de recursos, xa fora colaborando na cuestión, axudando no rastrollo ou vendendo lotería baixo a choiva e o fríao. Sen eles non existiríamos. Grazas.
Quisera ter un acordo especial para todos os que ao longo dos anos colaboran coa asociación e xa non están connosco. Dende onde estades un anaco desta medalla e vosa. Grazas.
Gustaría compartir esta distinción con todas as asociacións que nestes tempos tan difíciles traballan para axudar os demais e aínda non viron recoñecido o seu esforzo. Grazas.
E por último quero adicarlle o premio a todos e cada un dos vigueses. O lema do escudo da nosa cidade a define coma fiel, leal, valorosa e sempre benéfica e de iso podemos dar fe na nosa entidade, porque esta cidade sempre foi xenerosa e solidaria connosco.”