A distinción de “Vigueses Distinguidos” é un galardón que concede a Corporación Municipal polo que se distingue a unha persoa ou grupo de persoas que sobresaíron ó longo da súas vidas, polas súas virtudes humanas ou polo seu facer profesional; vigueses famosos, populares e incluso, nalgúns casos persoas que polo seu labor calado, polo seu auto rexeitado protagonismo, non son coñecidas pola maioría.

Segundo o ámbito legal, o RD 2568/86 que aprobou o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das administracións públicas faculta a estas para establecer e acordar a creación de honras, distincións ou condecoracións (arts. 189 a 191). Os oportunos trámites determinaranse en regulamento especial.

En aplicación do artigo 5º.3 do Regulamento de honras e distincións, aprobado por acordo plenario do 29 de setembro 1981, a Comisión de Goberno do 14 de marzo de 1988, aprobou a institucionalización do nomeamento de “Vigués Distinguido”

A facultade do nomeamento corresponde ao Pleno da Corporación, recollendo as propostas formuladas polos grupos políticos municipais.

Últimos Vigueses Distinguidos